10th Ska All Night | Transilvanians + Jamaica Cinema

Sinatra Cóctel Bar , Rúa Fermín Penzol, 6, Vigo

Por fin imos presentar #SoulfulSpace en Vigo !! Voltamos co noso querido Ska All Night !! Tras un parón de 3 anos por causas que tod@s coñecedes, voltamos con moita ilusión e con forzas renovadas para festexar a décima edición do noso querido e pequeno festival. Desta volta será o sábado 17 de Decembro na Sala Sinatra Coctel Bar e compartiremos cartel cos amigos de Jamaica Cinema, nova banda, pero con compoñentes curtidos en mil batallas e proxectos relacionados cos ritmos que tanto nos gustan, que veñen dende A Coruña e se adican a facer versións de temas clásicos do cine en clave xamaicana. Festa asegurada! Tra-lo concerto, e como é habitual, haberá pinchada en colaboración ca xente de #RubaDubCorner na Sala Kominsky e aos pratos estarán os compañeiros de Ital Roots (Vigo), David Diz (Secret Bridge Tattoo Ourense) e Kino L-Cobra ( Life On Reggae Planet, Vigo), poñendo boa música ata altas horas da mañá! 𝗔𝗙𝗢𝗥𝗢 𝗟𝗜𝗠𝗜𝗧𝗔𝗗𝗢❗ 🎟️ Entradas anticipadas xa disponibles nos seguintes puntos de venda: - BAR PRINCESA (Praza da Constitución 5) - Honky Tonk Discos (Rúa Falperra 18) - Tamén de maneira dixital en notikumi.com

Adiantada: 10€ | Porta: 12€