Kings Of Catacomb Reggay (2013)

Transilvanians

Liquidator Music - LQ061 credits released April 5, 2013

Tras o período de hibernación Transilvanians saen da súa catacumba para presentarnos o seu novo EP composto por 4 cancións. Nesta nova gravación podemos comprobar grandes variacións no son da banda debido aos cambios de formación que experimentaron: madureza en canto a execución e composición

Liquidator Music - LQ061 credits released April 5, 2013

Tras o período de hibernación Transilvanians saen da súa catacumba para presentarnos o seu novo EP composto por 4 cancións. Nesta nova gravación podemos comprobar grandes variacións no son da banda debido aos cambios de formación que experimentaron: madureza en canto a execución e composición maila persoal voz do seu novo cantante, Javier Marcos, vello coñecido da escena olívica, de liñaxe punk-rocker e de formación jazzística. Logo duns meses nos que centraran o seu tempo en tocar co xamaicano Roy Ellis por salas e festivais de media Europa, alén de gravar con el o fantástico single e video 'You Can't Leave Now', regresan cun novo traballo gravado nos TZ Estudios por José Aller, mesturado polo gurú Roberto Sánchez no A-Lone Ark Muzik Studio e masterizado por Ibon Larruzea en Euridia. Como é costume a arte gráfica corre A Cargo de Roberto Argüelles e segue liña dos seus anteriores traballos.

Este fantástico novo disco ábrese con 'The Crypt', un corte co que os rapaces de Vigo nos introducen de novo na súa cripta e amósannos por que son os reis do reggae catacumbeiro: escuridade, órganos psicodélicos e cheiro a humidade. Con 'Lobishome' (aka Licantro-Conga) pechan a cara A, un Funky-Reggae con moitas trazas de acabar sendo a canción do próximo verán, unha hipnótica atmosfera groovy galopante coa que non podes deixar de mover o pandeiro. Xa na cara B atrévense co polémico 'Charlton Heston En Doñana' un western instrumental de andar pola casa. A historia conta o fantástico episodio no que Charlton Heston resucita e vai pasar a tarde a Doñana. Para rematar pechan o EP cunha revisión impecable dun dos grandes hits de The Melodians, 'Sweet Sensation', o seu particular tributo á música xamaicana dos anos 60 e unha mostra da súa debilidade polo elegante son Rocksteady.

En definitiva, un gran traballo que deixa con ganas de máis. Os amantes do vinilo en formato 7" están de noraboa. Ollo, esta edición de luxosa presentación está limitada a 500 copias.

Leer más…
0:00/???
  1. 1
    0:00/3:39
  2. 2
    0:00/4:00